
El sábado 27 foi a presentación en Tapia del poemario de Paloma García Méndez, Espellos de auga, un libro nel que tán presentes, como nas súas obras anteriores, cuestiois como a importancia del arraigo na búsqueda del sentido da vida, el influxo dun entorno natural poderoso, así como a ligazón entre lo persoal/local e lo universal.




Recibindo a medalla da poesía de maos de Emilio Reiriz.

Firmando libros al remate del acto.
Estos son algús dos temas que aparecen nel sou libro e dos que Paloma falou durante a presentación ante úa gran cantidade de público que asistiu al acto:
1-Os paraísos
2-Lo perdido
3-Os traballos rurales
4- A Xente que nos precedeu
5-Os seres “non queridos”
6-As cousas pequenas
7-El xebrarse
Destaca tamén Espellos de auga polo uso da microtoponimia e da toponimia, e non solo de lugares da nosa terra senón de sitios lonxanos, que enmarcan os versos, onde tamén “repenican as palabras”. Nel sou léxico aparecen os campos semánticos das flores, árbores, animales… dos que Paloma bota mao en muitos poemas e cos que mostra el sou conocemento del mundo natural, un léxico desgraciadamente deturpado, perdido, esqueicido, pero que ela ten mui interiorizado.
Inda que el contido do que lemos é lo que verdadeiramente chega ás nosas almas, tamén vemos que ese contido se enmarca con úa parte formal acorde e reflexo do que quere contar. Hai en Espellos de auga figuras literarias como encabalgamentos, personificaciois, metáforas e imaxes plásticas mui potentes. Podemos velo nel pequeno Poema “Camíos”, que é un verdadeiro cuadro pictórico, úa acuarela:
CAMÍOS
Mourién, frío,
surria, canoucos podres…
Pero na lama había
pisadas de corzo.
Gracias a todas as persoas que vestes acompañar a Paloma neste acto nel que -entre outros temas- se reivindica a terra, el arraigo, el valor das vidas que nos precederon e a lingua galega de Asturias.
Esta foi a presentación proxectada que recolle algús dos temas tratados e comentados por Paloma.
